viernes, 8 de mayo de 2020
ACTIVIDADE CREATIVA
Deixámosvos unha actividade de plástica que esperamos que vos guste.
Estes días xa nos deixan saír a calle, pasear un pouco, andar en bici... Xa cheira a primaveira e case a verán!!!! 🍦🌞
A ver se nun dos vosos paseos atopades un dente de león como os que vos propoñemos pintar neste vídeo. Por suposto, podedes utilizar os colores que vos apetezan. 🌈
TRABALLO DIARIO VENRES 8/5
Hola Terceiriños, continuamos practicando o noso estudo dos ángulos, repasade o vídeo de onte, ou escribídenos se tedes algunha dúbida.
Tamén queremos que practiquedes un pouquiño a expresión escrita.
miércoles, 6 de mayo de 2020
TRABALLO DIARIO XOVES 7/05
Bos días Terceiriños, continuamos co noso estudio da Xeometría. Xa coñecemos como son as rectas, ⁄ − =. Hoxe aprenderemos que pasa cando se xuntas dúas semirrectas, os ángulos ∟ ∠. Aquí vos deixamos un vídeo, ollade atentamente.👀
Fixádevos agora nesta información e intentade facer os exercicios, xa veredes como é moi fácil.
Por último unha ficha interactiva dunha lectura en galego. Veña Terceiriños! Que xa rematamos o traballo por hoxe!
LINGUA GALEGA
martes, 5 de mayo de 2020
TRABALLO DIARIO MÉRCORES 6/5
Bo días Terceiriños,
Deixámosvos un vídeo para terminar co estudo das plantas.🌱
Tamén preparamos unha ficha para que comprobedes todo o aprendido. Lede moi atentamente a información.
Por último tedes unha ficha interactiva para practicar a división. Hai un vídeo para recordarvos a mecánica da división. Se vos liades un pouco, podedes facelas nunha folla primeiro e pasalas despois ao ordenador.
Ánimo e a dividir!📝
https://es.liveworksheets.com/cx60498uh
Suscribirse a:
Entradas (Atom)







