Bo día Terceiriños, lembrades como interpretar os mapas físicos? Ollade con atención esta imaxe do relevo de Galicia e contestade as preguntas.
1. Temos cordilleiras en Galicia? E serras? Escribe o nome dalgunha delas.
2. Atopas montañas altas? Como se chaman? Que altitude teñen?
3. Escribe o nome dun cabo e dun golfo.
4. En Galicia, temos paisaxe de costa? E de montaña? Escribe porque o sabes.
Hoxe como actividade de plástica propoñémosvos facer un barquiño de papel, pero temos un problema, ven sen instruccións, poderiades escribilas vos? Para que recordedes un pouco como se escriben as instruccións lede o seguinte texto:
E aquí vos deixamos os pasos para construir o barco, logo podedes decoralo e colorealo como queirades, a ver que tal vos sale!, mandádenos fotos cos vosos barquiños a ver como quedaron ⛵⚓
Agora toca facer un repasiño do que traballastes esta semana, primeiro unha ficha interactiva e despois uns xogos.
FICHA TRIÁNGULOS
Premede nas imaxes para xogar.↓
No hay comentarios:
Publicar un comentario