viernes, 29 de mayo de 2020

TRABALLO DIARIO VENRES 29/05

Bo día!! Queremos felicitarvos polo esforzo que estades a facer estes días de tanta calor.  Sabemos que costa un pouquiño máis traballar, pero sodes un campións!!!🥉

Hoxe repasamos os polígonos cunha ficha interactiva, xa que as que puxemos onte moitos non puidestes facela.

INTERACTIVA POLÍGONOS
 


Tamén nos poñeremos creativos inventando historias según o modelo seguinte:




Xa que estes días fai moitísimo calor 🥵 e seguro que moitos ides a praia, deixámosvos esta proposta de plástica para que a completedes con cousas que vexades nela, 🐬🐟🦀🐙🥽⚽🏓...



Agora toca xogar un pouquiño para practicar os posesivos. Veredes que xogos tan chulos nos preparou a profe Ana Soto, que está colaborando con algúns xogos que subimos ao blog.




Para xogar a este primeiro poñede o voso nome e logo premede en Start.

No hay comentarios:

Publicar un comentario