A ver, como andamos hoxe de ocurrentes???? 🤔
viernes, 29 de mayo de 2020
TRABALLO DIARIO VENRES 29/05
Bo día!! Queremos felicitarvos polo esforzo que estades a facer estes días de tanta calor. Sabemos que costa un pouquiño máis traballar, pero sodes un campións!!!🥉
Hoxe repasamos os polígonos cunha ficha interactiva, xa que as que puxemos onte moitos non puidestes facela.
INTERACTIVA POLÍGONOS
Xa que estes días fai moitísimo calor 🥵 e seguro que moitos ides a praia, deixámosvos esta proposta de plástica para que a completedes con cousas que vexades nela, 🐬🐟🦀🐙🥽⚽🏓...
Agora toca xogar un pouquiño para practicar os posesivos. Veredes que xogos tan chulos nos preparou a profe Ana Soto, que está colaborando con algúns xogos que subimos ao blog.
Para xogar a este primeiro poñede o voso nome e logo premede en Start.
Hoxe repasamos os polígonos cunha ficha interactiva, xa que as que puxemos onte moitos non puidestes facela.
INTERACTIVA POLÍGONOS
Tamén nos poñeremos creativos inventando historias según o modelo seguinte:
Agora toca xogar un pouquiño para practicar os posesivos. Veredes que xogos tan chulos nos preparou a profe Ana Soto, que está colaborando con algúns xogos que subimos ao blog.
Para xogar a este primeiro poñede o voso nome e logo premede en Start.
jueves, 28 de mayo de 2020
TRABALLO DIARIO XOVES 28/05
Bos días Terceiriños, seguro que con estes días de calor iredes un pouquiño a praia, despois dos días de confinamento seguro que vos ven moi ben, desfrutade! 🌞⛱🌊. Peeeeero, antes un pouquiño de traballo. Hoxe aprenderemos un novo tipo de palabras, os determinantes posesivos.
Hoxe imos facelo ao revés, primeiro imos ler a información do libro e a facer un par de exercicios, logo miraremos o vídeo para comprobar que o tedes dominado.
LENGUA CASTELLANA (Pág. 154)
LINGUA GALEGA (Páx. 144)
EXERCICIOS (Páx. 144-145)
E agora comprobamos canto sabemos ollando este vídeo:
Agora practicaremos a comprensión lectora cunha ficha interactiva:
Interactiva comprensión lectora
E por último un xogo para practicar os polígonos. Desfrutade do resto do día rapaciños e rapaciñas!!!!!
miércoles, 27 de mayo de 2020
RETO DO DÍA
Aquí vai o reto de hoxe, ultimamente sodes moi bos, tardamos máis tempo as profes 😂😂. Preparados??? 🐼⚽
martes, 26 de mayo de 2020
TRABALLO DIARIO MÉRCORES 27/5
Bo día Terceiriños, continuamos aprendendo cousiñas sobre Xeometría. Hoxe aprenderemos a diferenza entre circunferencia e círculo. Ollade primeiro este vídeo:
Agora lede esta información e faremos exercicios para repasar os polígonos, a circunferencia e o círculo.
Agora a traballar!
Repaso de polígonos (Páx. 133).
Exercicios circunferenica e círculo (Páx. 134-135)
Traballemos un pouquiño tamén a descrición, Lembrade:
A ver que tal describides estas imaxes:
RETO DO DÍA
Para facer o reto de hoxe tendes que ser moi observadores. A ver se sodes tan rápidos como nos outros retos 😄🦒
TRABALLO DIARIO MARTES 26/5
Bo día Terceiriños, hoxe imos continuar o noso estudo sobre a Xeometría aprendendo que son os Polígonos.
Ollade moi atentamente primeiro este vídeo:
Agora imos ver o esquema e facer estas dúas actividades (Páx. 132), se tendes algunha dúbida preguntade nos comentarios ou mandádenos unha mensaxe.
Repasaremos un pouco tamén de Ortografía:
E como vos comentamos onte..., estades preparados e preparadas para o Pasapalabra sobre a auga?💦 Imos alá! Sorte a todos!🍀
lunes, 25 de mayo de 2020
TRABALLO DIARIO LUNS 25/05
Bo día Terceiriños, comezamos a semana con forza 💪e con moitas ganas de aprender cousas novas.
Hoxe rematamos o noso estudo sobre a auga profundizando no coñecemento dos ríos. Ollade primeiro este vídeo e estade moi atentos 🧐. Se queredes repasar tamén o aprendido ata o de agora, botádelle un ollo os vídeos subidos o venres.
Lede agora estes dous textos (Páx. 54-55) e facede as actividades (Páx. 59-60-61). Repasade todo moi, moi ben, pois mañá poñerévosmos a proba do que sabedes con outro pasapalabra!!!!!.
viernes, 22 de mayo de 2020
VENRES 22 DE MAIO
Bo día Terceiriños, como hoxe é día festivo en Vilagarcía, non hai traballo diario. Por si queredes repasar un pouco o que estamos traballando en Ciencias Sociais, os deixamos dous vídeos para que repasades o que aprendestes ata o de agora.
Tamén os deixamos unha proposta de actividade plástica por se vos apetece facela este fin de semana. No vídeo aparece o boceto dunha paisaxe, completádea e coloreádea ao voso gusto. 🎨
miércoles, 20 de mayo de 2020
TRABALLO DIARIO XOVES 21/05
Bo día Terceiriños!
Xa e xoves!! Esta semana temos menos días de traballo, xa que mañá é festivo local.
Hoxe deixamos unha ficha de repaso. Fixádevos ben no primeiro exercicio, porque se non escribides correctamente as oracións teredes unha puntuación baixa (maiúscula inicial, punto final, acentos).
Ficha interactiva repaso das contraccións
E agora a lectura e actividades das páxinas 54 e 55 de Ciencias sociais, para continuar co tema da Auga na Terra.
Por último, traballamos a comprensión.
TRABALLO DIARIO MÉRCORES 20/05
Bo día Tereceiriños!!!
Hoxe deixamos traballo de matemáticas e dous esquemas do ciclo da auga, por si tedes que refrescar a memoria.
Bueno, seguro que xa sabedes o ciclo da auga á perfección, verdade? Imos comprobalo cunhas fichas interactivas. Ademáis, nunha delas hai un experimento que podedes facer na casa. Animádevos a tomar notas do que vai pasando e sacade fotos!
Bueno, seguro que xa sabedes o ciclo da auga á perfección, verdade? Imos comprobalo cunhas fichas interactivas. Ademáis, nunha delas hai un experimento que podedes facer na casa. Animádevos a tomar notas do que vai pasando e sacade fotos!
Agora toca repasar as contraccións do artigo con estas dúas ruletas.
martes, 19 de mayo de 2020
RETO DO DÍA
Aquí vai o reto de hoxe, peeeeero, repasade o de onte, a ver se alguén da coa solución 😏. Ánimo e imos alá! 🐠🐟🐡
lunes, 18 de mayo de 2020
TRABALLO DIARIO MARTES 19/5
Bo día Terceiriños, continuamos practicando as contraccións con estes dous exercicios.
Tamén seguimos practicando un pouco as Mates, con esta ficha e coa interactiva que está debaixo.
TRABALLO DIARIO LUNS 18/05
Bo día Terceiriños, para hoxe temos dúas cousas:
➨Imos aprender algo máis sobre o artigo: As contraccións.
➨Tamén comezamos co noso estudo sobre a auga, seguro que xa sabedes un montón de cousas sobre ela, pero, recordades en que estados podemos atopala? 💧 ☁ 🧊 . Escoitade primeiro esta cantiga, e repasade este texto.
➨Imos aprender algo máis sobre o artigo: As contraccións.
Podedes facer un esquema coma este, veredes que así será máis doado entendelo.
➨Tamén comezamos co noso estudo sobre a auga, seguro que xa sabedes un montón de cousas sobre ela, pero, recordades en que estados podemos atopala? 💧 ☁ 🧊 . Escoitade primeiro esta cantiga, e repasade este texto.
Agora aprenderemos como son os procesos de cambio dun estado a outro, sabedes como se chaman? Ollade primeiro este vídeo👀 , lede o texto 📃 e seguro que sabedes contestar a estas dúas preguntas 📝 . Imos alá!
domingo, 17 de mayo de 2020
viernes, 15 de mayo de 2020
FELIZ DÍA FAMILIAS!
Hoxe é o Día Internacional da Familia, e vos queremos dar o noso agradecemento por todo o inmenso esforzo que estades a facer nas vosas casas cada día dende que comezou esta situación.
Grazas á vosa entrega e dedicación, estades a conseguir que os nenos continúen aprendendo e desenvolvendo as súas capacidades. O noso aplauso é para vós, familias.
GRAZAS
jueves, 14 de mayo de 2020
TRABALLO VENRES 15/05
Bo día!!! Veña que xa é venres!!
Para hoxe deixámosvos uns problemas de matemáticas e unha ficha interactiva para repasar o que estivemos practicando estes días: O artigo.
FICHA INTERACTIVA: https://es.liveworksheets.com/ps174472fn
E en plástica propoñemos esta manualidade.
TRABALLO DIARIO XOVES 14/5
Bos días a todos e todas.
Como podedes comprobar a imaxe mais botada foi a 3, esperamos que vos guste.
Hoxe repasaremos un pouco máis de ortografía e os artigos,.
Tamén tendes unha ficha interactiva sobre os ángulos, xa están máis que aprendidos verdade?
miércoles, 13 de mayo de 2020
Como sabedes, o vindeiro domingo é o Día das Letras Galegas. Propoñémosvos unha actividade. Enviádenos nos comentarios a vosa palabras preferida en galego. Con todas as vosas palabras favoritas faremos un caligrama.
Se non sabemos o que significan as palabras dos nosos compañeiros podemos buscar nun diccionario ou na rede na RAG, Real Academia Galega.
Deixamos xa as nosas:
Raquel, brétema Ana, aperta
Veña! a ver cantas palabras recopilamos!!!🙌
TRABALLO MÉRCORES 13/05
Bo día! Para hoxe deixamos un repaso do artigo. Cando rematedes de ler e de facer as actividades podedes facer un esquema coma este:
Tamén vos preparamos un encrucillado con palabras que que acabades de aprender sobre as rectas e ángulos.
martes, 12 de mayo de 2020
TRABALLO DIARIO MARTES 12/5
Bos días Terceiriños,
Como xa rematamos o noso estudo sobre as rectas e os ángulos, deixámosvos unhas fichas para o repaso e un rap para que o memoricedes ao ritmo da música.
A bailar!!!! 🎵🎶🎧
Na actividade interactiva de hoxe tedes a biografía do autor homenaxeado este ano nas Letras Galegas: Ricardo Carvalho Calero. Logo de lela facede as tres actividades, son moi sinxelas!
lunes, 11 de mayo de 2020
Ola de novo!!
Comezamos a semana das Letras Galegas, este ano adicadas a Ricardo Carvalho Calero.
Ao longo da semana iremos publicando diferentes actividades, pero hoxe deixámosvos unha proposta que nos fai o Equipo de Dinamización de Lingua Galega.
Animádevos a participar!!
Lembrade, data límite para enviar os vídeos o mércores 13.
PORTADA DO BLOG
Ola de novo Terceiriños, queremos actualizar un pouco o noso blog, cambiándolle formato da portada de inicio. Botádenos unha man, elixide das 3 imaxes a que mais vos guste. Poñede en comentarios se preferides a Imaxe 1, a Imaxe 2 ou a Imaxe 3. A mais votada por vós será a que poñamos de portada no blog.
A votar!!!!! 📩
IMAXE 1
IMAXE 2
IMAXE 3
Suscribirse a:
Entradas (Atom)