Ola de novo!!
Xa podedes acceder ao novo blog de música!!! 💃
Premede no enlace que aparece na columna da dereita deste blog.👉
jueves, 30 de abril de 2020
TRABALLO DIARIO XOVES 30/4
Bo día Terceiriños,
Tendes como traballo para hoxe unha comprensión lectora, un anaco dos nosos libros preferidos, animámosvos a lelo!!! 📚
Tamén tendes unha ficha de mates para seguir repasando as rectas📏
E como o outro día aprendemos as partes das plantas, hoxe aprenderemos as partes da flor 🌷. Poñede moita atención! porque para a ficha interactiva de hoxe teredes que coñecer moi ben as súas partes.
Premede no enlace para realizar a ficha interactiva e enviádea a noso correo electrónico. Noraboa chicos e chicas, estades traballando moitísimo!😉
FICHA INTERACTIVA CIENCIAS NATURAIS:
https://es.liveworksheets.com/vk334626aq
miércoles, 29 de abril de 2020
RETO DO DÍA
Estamos comprobando que se vos da moi ben os retos, aquí vai o de hoxe. Xa sabedes tendes 5 minutos para atopar todas as diferenzas, ánimo e a observar!👀
RETO DO DÍA
TRABALLO DIARIO MÉRCORES 29/4
Bo día Terceiriños, continuamos aprendendo un pouco sobre as liñas rectas.
Tamén vos deixamos dúas fichas interactivas para
que nos enviedes. Unha de cálculo e un ditado, podedes facelo primeiro en papel e logo pasalo ao ordenador, vai un pouco rápido, pero podedes escoitalo as veces que queirades.
Recordade enviarnos as fichas ao correo electrónico!
💻📧
Premede nos seguintes enlaces para acceder ás fichas:
MATEMÁTICAS
Cálculo: https://es.liveworksheets.com/sv309014nu
LINGUA CASTELÁ
Ditado: https://es.liveworksheets.com/jm327174vb
martes, 28 de abril de 2020
TRABALLO DIARIO MARTES 28/4
MATEMÁTICAS
Repasemos un pouco de Xeometría Terceiriños, recordades os tipos de liñas?
Hoxe estudaremos as rectas, olláde primeiro este vídeo:
Intentade agora facer estas actividades 📏📐📝
LINGUA GALEGA
Deixamos unha ficha interactiva de comprensión lectora.
Cando rematedes seguide os pasos de onte para enviárnola.
Premede no seguinte enlace:
https://es.liveworksheets.com/xe100132te

lunes, 27 de abril de 2020
TRABALLO DIARIO LUNS 27
Bos días Terceiriños, deixámosvos isto para repasar o tema das plantas de Ciencias Naturais.
Antes de ler o tema, podedes ver este vídeo onde se vos explica un pouco as partes das plantas:
Intentade realizar un esquema para que aprendades a utilizar as técnicas de estudo básicas. Aquí tendes un exemplo:
Ao final do tema, tendes unha ficha interactiva, só tendes que premer no enlace e facela no ordenador, é moi sinxela e fácil de facer, queremos comprobar se podedes enviarnos o traballo. Aínda que aparece que poñades o nome completo, non fai falta, poñede só o voso nome, e só para saber quen nola manda).
Se tendes algunha dúbida, preguntade o que queirades.
viernes, 24 de abril de 2020
ARTISTAS DO DÍA
Hola Terceiriños, imaxinades que pasaría se xuntamos a Spiderman cun ogro?, ou a Elsa de Frozen cun dragón?
Aquí vos deixamos un xogo para que fagades unha ensalada de contos, podedes introducir outros personaxes de historias que vos gusten, traballade a expresión oral e a expresión escrita facendo historias incríbles! 🐍🐲💎
jueves, 23 de abril de 2020
TRABALLO DIARIO VENRES
Bo día, que tal estades? Seguro que ben, porque xa queda un día menos!!
Hoxe deixamos unhas fichas de cálculo, na primeira fixarvos ben na explicación do recadro. E como sabemos que vos gusta iso de facer cálculo rápido, canto tempo vos levará facer esta? Comprobádeo!
Hoxe deixamos unhas fichas de cálculo, na primeira fixarvos ben na explicación do recadro. E como sabemos que vos gusta iso de facer cálculo rápido, canto tempo vos levará facer esta? Comprobádeo!
Como todos os venres, deixamos unha manualidade moi chula. Animádevos a facela!
RETO DO DÍA
FELIZ DÍA DO LIBRO
Como xa sabedes hoxe, 23 de abril, é o Día Internacional do Libro, pero... sabedes por que é así? por que se elexiu este día concreto? Anímovos a descubrilo e a deixar nos comentarios os vosos descubrimentos. 📚🔍
miércoles, 22 de abril de 2020
MARATÓN NA CASA!!!
Aquí vos deixamos un supermaratón cheo de probas para facer. Todo un reto Terceiriños!!!!
TRABALLO DIARIO MÉRCORES 22
martes, 21 de abril de 2020
TRABALLO DIARIO MARTES 21
Bo día Terceiriños! Hoxe repasamos de novo o último tema de sociais do que iamos facer un exame. Lembrádesvos?
XOGAMOS Á RULETA DE PALABRAS?
lunes, 20 de abril de 2020
Hola a todos:
O vindeiro mércores 23 de Abril, celebramos o Día do Libro, por iso o Equipo de Biblioteca do Centro quérevos propoñer un reto:
Podedes mandar a foto directamente ao correo electrónico bibliocarril@gmail.com ou ás titoras.
Para máis información, pinchade na entrada de biblioteca. Animádevos a participar!

viernes, 17 de abril de 2020
jueves, 16 de abril de 2020
miércoles, 15 de abril de 2020
Bos días a todos:
Hoxe mandámosvos un pouco de repaso de Matemáticas, unha ficha de numeración e problemas.
Tamén unhas imaxes para que sigades traballando
a narración e o pequeno texto, escribindo fermosas historias en galego. Elixide a que máis vos guste.
Imos empezar a traballar algunha técnica de estudo, comezando polos mapas conceptuais, que vos axudarán na organización de ideas. Mandávosmos unha imaxe de exemplo sobre os substantivos, facede o voso propio esquema utilizando o formato, as cores, os debuxos como vos queirades.

martes, 14 de abril de 2020
lunes, 6 de abril de 2020
BO DÍA TERCEIRIÑOS!
Esta semana estamos de vacacións de semana santa. Sabemos que son unhas vacacións moi raras, pero seguro que o ides pasar en grande.
Fixestes algunha das manualidades que publicamos? Podedes enviárnolas para poñelas no blogue.
A próxima semana volveremos coas tarefas diarias.
Deixámosvos un xogo. Trátase dun Escape Room que seguro vos vai encantar. Unha recomendación: observade ben todos os obxectos e ide premendo neles para ver as indicacións, pistas...
Moito ánimo a tod@s...e lembrade:
XUNTOS O CONSEGUIREMOS!!!
viernes, 3 de abril de 2020
Suscribirse a:
Entradas (Atom)